Plans especiais de
desenvolvemento

Proxectos integrais de apoio, dinamización e fomento das liñas estratéxicas de desenvolvemento do Concello.

Proxectos especiais

Estes son algúns dos proxectos máis salientables en materia de desenvolvemento, protección e crecemento sustentable:

SECTOR GANDEIRO

Plan especial do sector gandeiro

Proxecto para a sustentabilidade, a creación e consolidación do emprego, dinamización e o apoio ao sector gandeiro.

SECTOR TURÍSTICO

Plan estratéxico do turismo

Liñas estratéxicas para un desenvolvemento turístico sustentable que sexa eficiente, eficaz e equitativo, maximizando a protección ó medio.

PLAN ESPECIAL DO SECTOR GANDEIRO

GANDERÍA

Nos momentos presentes unha das liñas fundamentais de actuación desta Concellería é a aposta por un desenvolvemento basicamente reequilibrado, onde son prioritarios aspectos tales como o desenvolvemento de programas e proxectos que conduzan á sustentabilidade, a creación e consolidación do emprego, ou a dinamización e o apoio ao sector gandeiro.

Tanto o desenvolvemento, como medio ambiente e gandería son conceptos que debemos fundamentar na toma de conciencia sobre a nosa contorna, por iso o estudo dos espazos do municipio, e das potencialidades económicas e zonas a protexer, ademais do fomento das alternativas de aproveitamento agrícola e gandeiro, e as campañas de sensibilización a través da divulgación de Boas Prácticas Agrarias e gandeiras, son outros temas prioritarios desta Concellería.

 José Manuel Gil Carballo. Concelleiro de Gandería e Agricultura  /   Contacto: 638522299

Razas autóctonas. A Frieiresa.

DESCRICIÓN

A raza Frieiresa toma o seu nome da comarca natural de "As Frieiras', nome equivalente a sabañón en castelán, o que denota o seu clima, e comprende áreas dos concellos ourensáns da Gudiña, A Mezquita, e en concreto dos pobos da Canda, Castromil, Santigoso, Cádavos, Manzalvos, Esculqueira e Chaguazoso, Mesquita, Tameirón e Ou Cañizo na Gudiña.

A súa zona xeográfica de orixe é de alta densidade de razas Bovinas, tales como a Mirandesa ao sur, a Alistano-Sanabresa en Zamora ao leste, a Vianesa ao norte e a raza Limiá e antigamente a raza Verinesa ao oeste.
Trátase dunha raza recoñecida oficialmente como Autóctona en Perigo de Extinción.

CARACTERES XERAIS

O prototipo racial axústase a animais de perfil sub cóncavo a cóncavo, de tamaño mediano a grande e proporcións longilíneas cunha tendencia á convexidade nas masas musculares. A capa é castaña lavada, máis escura nos machos e máis clara nos animais novos.

Outra característica para destacar na raza é o pelo longo da rexión frontal, "Guedella', máis abundante en machos. Pelo moi abundante en borlón de cola. Os machos adultos pesan de media 860 Kg. E as femias 600 Kg., cunha alzada á cruz de 131-156 cm. e 128-145 cm. respectivamente.

DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA

Distribuída pola xeografía galega, destacando a provincia de Ourense, pero con rabaños de gran número de exemplares en Luqo, e introducíndose nas provincias de A Coruña e Pontevedra. É a raza de menor censo das denominadas Morenas Galegas, xusto detrás da raza Limiá.

O progreso nos últimos 10 anos é importante, subindo a media de animais por explotación rexistrada de menos de 5 cabezas a preto de 20 no ano 2008. Posúe programa de conservación In situ e Exsitu, desenvolvido pola Asociación de criadores dá Raza Frieiresa-FRIEIREGA, e o Centro de Recursos Zooxenétlcos de Fontefiz-CRZG, con banco de seme e embrións. Existe banco de ADN, propiedade da Asociación de Criadores.

A regulamentación oficial do seu libro de orixes é do ano 2000, procedente dos rexistros raciais do CRZG, da Xunta de Galicia. Desde o ano 2005, a xestión do libro xenealóxico está encomendada á asociación de criadores-FRIEIREGA.

Na actualidade a súa aptitude é a produción cárnica. Non existe uso actual nas actividades agrícolas como animal de tracción e/ou traballo.

Raza rústica, adaptada perfectamente a climas extremos, de acordo á súa zona de orixe, con veráns moi calorosos e secos e invernos de temperaturas extremadamente baixas. Animais de fácil manexo e mansedumbre, comportamento herdado do seu traballo outrora en faenas agrícolas.

Sistema de explotación en extensivo totalmente ou semiextensivo, con pastoreo diúrno e noite na explotación. Os tenreiros acompañan ás súas nais desde o seu nacemento. A venda de tenreiros verifícase ao destete, con 9-10 meses de idade ou ben cun acabado con cereais de non máis de 2 meses.

BOOTSTRAP BUILDER

Create a responsive, touch-swipe slideshow with Mobirise bootstrap slider. Add images, text, buttons to slides, set autoplay, full-screen, full-width or boxed layout. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipisicing elit. Unde sunt, illo quo ipsa. Laboriosam voluptatem sunt nisi velit incidunt labore, sapiente pariatur ipsam fugiat doloremque asperiores eos ipsum, eveniet cum.

Cursos e axudas

AXUDAS

AXUDAS PARA APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPOLTACIÓNS AGRÍCOLAS 
Descargar convocatoria

Axudas a agricultores mozos para a creación de empresas e desenvolvemento de pequenas explotacións.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 18 de Marzo.


CURSOS E FORMACIÓN

Sección de información de xornadas e programas de formación no eido da gandería.

plan estratéxico para o turismo

TURISMO