formación e emprego

Asesoramento
e formación

1. PRESENTACIÓN

Asesoramento a demandantes de emprego en xeral.

- Profesións con maior saída no mercado laboral (encamiñar o perfil profesional do demandante de emprego enfocado a esas profesións) 

- O autoemprego como alternativa laboral.

- Elaboración dun currículum vitae e carta de presentación.

- Aspectos a ter en conta nunha entrevista de traballo.

2.- MODELOS DE CONTRATOS DE TRABALLO E OFERTA DE TRABALLO

Neste enlace móstrase un relación dos modelos de contratos de traballo vixentes na actualidade e o modelo de oferta de traballo todos en formato PDF .

Listado de Contratos / Formulario Oferta de Traballo

3.- O TRABALLO POR CONTA ALLEA

Se o noso non son os negocios e preferimos traballar para outros, neste apartado ponse a disposición dos demandantes de emprego unha pequena guía de orientación laboral así coma outros documentos que poidan resultar de interese na procura de emprego.

Orientación e asesoramento a emigrantes retornados e inmigrantes estranxeiros.

En vista do considerable número de emigrantes que teñen retornado a España e ante a crecente chegada de inmigrantes estranxeiros que tratan de abrirse un futuro neste concello lévase a cabo un proceso de dinamización a través de:

- Asesorías especializadas enfocadas hacia a reinserción social

- Cursos de formación

- Búsqueda e fomento do emprego

- Informacións e Publicacións de interés para este colectivo.

Nesta sección pretendemos recoller toda aquela información relacionada coa incentivación da contratación indefinida. Cando exista unha orde na que se regule algún programa para o fomento das transformacións dos contratos de carácter temporal en indefinido, publicarémola nesta sección.

Autoemprego e economía social

Neste apartado móstranse as diferentes líneas de subvencións e axudas convocadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo para apoiar a posta en marcha e consolidación de alternativas emprendedoras como fórmulas de autoemprego.  Máis información >>

Documentos de interese para o emprendedor:

1.- As Memofichas.

As memofichas son un compendio de información sobre:

- Trámites de constitución dunha empresa, Formas Xurídicas, obligacións do empresario.

- Contratos laborais, de compra-venta, arrendamentos, bancarios, etc.

- Protección de ideas, sistema fiscal e de financiación...

Memofichas

2.- Guías de actividade empresarial.

As guías son completos traballos estatísticos e de informe sobre sectores profesionais e actividades.

Ligazóns de interese:

Instituto Galego de Promoción Económica

PUNTO DE INFORMACIÓN DO SERVIZO GALEGO DE COLOCACIÓN

O Concello de Maceda dispon dun Punto de Información do Servizo Galego de Colocación a través do cual se podrá renovar a tarxeta de demanda de emprego sin necesidade de pasar pola Oficina de Emprego. Por iso é imprescindible que os usuarios rexistren, na oficina de emprego, a sua impresión dactilar.

Mediante este servizo podrá coñecer:

-As ofertas de emprego do Servizo Galego de Colocación.

-A programación dos cursos do Plan FIP previstos para todo o ano.

-O acceso á páxina do Servizo Galego de Colocación e da Xunta de Galicia.

-O acceso a diversas páxinas web dende as que se podrán consultar temas relacionados co emprego.

No momento no que se publiquen axudas e incentivos oficias por parte da Xunta de Galicia, informarémosvos da súa dispoñibilidade e do proceso para solicitalas. 

Orientación en emprego

Este Concello leva prestando servicios en materia de emprego, promoción económica e desenvolvemento local a través da Consellería de Traballo dende o ano 1998, constituíndo un pilar importante en materia de emprego e actuando como un axente dinamizador dentro do ámbito local deste Concello e da súa contorna.
As principais funcións que se veñen desempeñando son:

- Difusión da información en materia de emprego.
- Asesoramento de proxectos empresariais.
- Tramitación de subvencións.
- Elaboración de estudos estatísticos.
- Outros informes ou estudios (plans de viabilidade empresarial, estudos socioeconómicos....)