OFICINA MUNICIPAL DE URBANISMO

URBANISMO

Servizos de información e trámites referentes á área de urbanismo e do PXOM.

Dentro da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes encontrase o espazo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Nesta web de información urbanística de Galicia permítese consultar e descargar o planeamento dos concellos galegos, as normas subsidiarias provinciais e a lexislación urbanística xeral e sectorial de aplicación en Galicia.

Na actualidade atópase dispoñible o contido normativo do planeamento urbanístico coas súas respectivas modificacións puntuais. Nos concellos que carecen de planeamento xeral aparecen por defecto as normas subsidiarias provinciais correspondentes.

Recentemente incluíuse o contido informativo do planeamento xeral aprobado ao amparo da Lei 9/2002. Asemade incorporouse a posibilidade de descargar os conxuntos de planos nun so arquivo a escala. Creouse, ademáis, o novo apartado histórico de planeamento no que se poden consultar as figuras que pasaron a ser históricas recentemente.