Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

PROGRAMA "ACOLLIDA TEMPERÁ" NO CEIP DE MACEDA

NOTA INFORMATIVA

logo concello
CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS

CONVOCATORIA: Reunión coas familias do alumnado do CEIP de Maceda.

ASUNTO: Acollemento do alumnado en horario anterior e posterior ó das clases.

DATA: 3 de setembro de 2008.

HORARIO: 20:00 h

LUGAR: Salón de plenos do Concello.

Ana María Rodríguez Blanco.

IV MINI BTT DE MACEDA

Open Galego de Mini Btt - Xira Caixa Nova

retransmisiónO sabado 23 temos unha intensa actividade deportiva en Maceda xa que se disputa o IV MINI BTT de Maceda, proba do OPEN GALEGO DE MINI BTT - XIRA CAIXANOVA, a partir das 17 horas nos arredores do Castelo de Maceda e na que participarán entorno a un centenar de rapaces e rapazas chegados de toda Galicia ademais dos integrantes da Escola de Ciclismo JA Hermida do CC Maceda. Esta proba e para Bicletas de Montaña e disputaranse as categorias de Promesas , Benxamíns, Principiantes, Alevins e Infantis.
Previamente e as 9:00 da maña, na praza das Toldas colocarase unha pantalla xigante para que todas aquelas persoas que o desexen poidan acompañar aos integrantes da Escola de Ciclismo JA Hermida de Maceda, para ver en directo a proba da Olimpiadas de Beiging de BTT e na que un dos favoritos para obter medalla e o corredor J.A. HERMIDA. Temos que lembrar que Hermida xa obtivo a medalla de prata nas anteriores Olimpiadas de Atenas no 2004.

Descargas asociadas

BIBLIOPISCINA EN MACEDA


Concellería de Servizos Sociais
Concello de Maceda.


Informa:
Obradoiro de animación á lectura para nenos/as, dinamizados pola Educadora Social.
Achegamento ós libros na Piscina, dirixido a tódalas persoas que gusten da lectura.

Data: do 18 ó 29 de agosto.
Horario: 17:00 h. a 19:00 h.

XORNADA CULTURAL E DE RECREO EN VIGO


Concellería de Servizos Sociais
Concello de Maceda.


Xornada cultural e de recreo en Vigo para persoas maiores de 60 anos.
Día 28 de agosto, saída fronte o Concello ás 7:45 h.

Programa:
Percorrido polo porto e a lonxa de Vigo.
Visita ó Museo do Mar ou paseo polo mercado da Pedra.
Comida por conta das persoas participantes, copago de 2 euros o día da viaxe por persoa.
Praia de Samil e/ou ó Centro de Artesanía Tradicional (CAT)

Inscrición: Dende o 18 ata o 25 de agosto.
Responsable: Educadora Social
Teléfono:988463515 ou no Concello.
Horario: 9:00 h a 14:30 h.

NOTA INFORMATIVA


Concellería de Servizos Sociais
Concello de Maceda


INFORMA: que o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller convoca axudas e subvencións para o acceso das mulleres á cotitularidade de explotacións agrarias.

Axuda: Pagamento único de 2.000 €

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 30 de outubro.

>>> Doga nº148 de venres, 1 de agosto

Para máis información poden dirixirse o Centro de Información á Muller
ou no teléfono 988463554

POLICIA LOCAL DE MACEDA

Policia Local
Concello de Maceda


Informa que dende o día 1 de agosto ata o vindeiro día 9 de setembro, se circulará en sentido único polo centro da Vila.


Dende o cruce da Avda. dos Milagros en dirección ata o cruce da cafetería Castillo, subindo polo Concello e baixando pola rúa Costa do Sol, regresando ata o cruce dos Milagros.

Desculpen as molestias e prégase estén atentos ós sinais, que facilitarán a circulación nestas datas, nas que hai un incremento considerable da mesma.

Para calquer información ou dúbida, poden chamar o teléfono 696511038 (Policia Local).

NOTA INFORMATIVA (CIM)


Concellería de Servizos Sociais
Concello de Maceda


Convócanse Axudas da Consellería de Traballo, para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias para o ano 2008.

AXUDA: Aboamento do 20% ou 50% da cuota por continxencias comúns de cobertura abrigatoria, segundo o caso.

O prazo remata o 30 de setembro.

Para máis información poden dirixirse o Centro de Información á Muller
ou no teléfono 988463554.

NOTA INFORMATIVA


Concellería de Servizos Sociais
CIM - Concello de Maceda


Aberto o prazo para a solicitude de axuda económica de pagamento único para mulleres víctimas de violencia de xénero

Destinatarias: Mulleres víctimas de violencia de xénero que residan en Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e dificultades para obter un emprego.

Contía da axuda: Entre seis e vintecatro meses de subsidio por desemprego segundo responsabilidades familiares.

O prazo remata o 30 de novembro de 2008

Para máis información poden dirixirse o Centro de Información á Muller ou no teléfono 988463554.

>>> DOGA Nº69 de 10 de abril

SALARIO LIBERDADE


Centro de Información á Muller (CIM)
Concello de Maceda


Publicouse a Resolución do 16 de xaneiro de 2008, pola que se regulan as bases para a concesión de axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede a súa convocatoria.

Para máis información poden dirixirse o Centro Cim do Concello de Maceda ou no téléfono 988463554

>>> máis información: DOG Nº 15, martes 22 de xaneiro

RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN

logo concello
Concellería de Servicios Sociais
Concello de Maceda


INFORMA:Que está aberto o prazo para solicitar a axuda (Renda Activa de Inserción) regulada polo R.D 1369/2006 polas persoas desempregadas.

Información, aclaración ou mesmo asesoramento que precisen para a tramitación desta axuda, poden vostedes acudir ó AXENTE DE DESENVOLVEMENTO LOCAL (José Antonio Carballo Pose), que pon a súa disposición o Concello de Maceda (Tf: 988 46 30 01 / 46 37 61) en horario de luns a venres de 8:30 a 15:00 hrs.

Máis información >>>

POSTOS DE VENDA AMBULANTE NAS FEIRAS


Ante o deficiente estado de limpeza no que quedan as rúas nas que se colocan os postos de venda ambulante nas feiras, a Alcaldía recordalle ós vendedores a obriga de deixar o lugar de colocación do seu posto no mesmo estado no que o atoparon antes de colocalo. A Policia local velará polo cumprimento desta norma, podendo prohibirlle, nas vindeiras feiras, a colocación do posto.

Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008

Formato RSS 2.0
By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001