
Orixe

A palabra “Pazo” provén da voz latina “palatium”. Carlos Martínez Barbeito defíneos como: “Edificio gallego levantado en el campo destinado a residencia de familias nobles, de proporciones y trazos suntuarios que superen claramente al resto de las viviendas, casi siempre con un portal blasonado, capilla anexa, horreo, palomar y ciprés”.
A orixe e a forma de moitos deles débese ás torres e fortalezas medievais que as veces estas non teñen carácter defensivo senón que simbolizan o poder dos seus propietarios.
Moitas das edificacións teñen os portalóns adintelados e soportan o escudo heráldico que nos saúda a entrada do solar.
Elementos

Elementos que poden estar presentes nos pazos son
- O blasón era a identificación da familia nobre. A pedra armera resalta os símbolos da liñaxe, tíñase en conta o patio:
- O de honor ou interior: situado entre a porta principal e a escaleira de subida.
- O de tipo claustro: formado por arcadas ou pilares que fan de soportal e entrada ás zonas de servizo.
- Solaina: Nalgúns pazos estas son auténticas obras de arte algunhas delas cubertas con artesoado, balaustrada… etc.
- Capela: Pequenas edificacións relixiosas que eran imprescindible non pensar e ser palacego. Os retablos eran barrocos coas tallas do mesmo estilo. Alí se celebraban eucaristías, vodas e funerais das familias residentes no pazo.
- Salón: Reservada a grandes festexos (vodas, reunións…), decoradas con grandes vitrinas, aparadores, etc..
- Cociña: Tipo lareira, un lugar de moita afluencia do servizo e en certas ocasións os señores. Era o lugar de reunión, onde se contaban historia da Santa Compaña…etc.
- Chimenea: Canto máis rica era a casa mais grande era a chimenea. Xeralmente eran de granito con vistosos remates de pináculos.
- Fonte: Son moi frecuentes no patio e xardíns.
