Existen varios documentos que fan alusión ás fontes de Maceda. O máis antigo do ano 1840 que fala dun reparto de auga común de fonte dos Caños pero “regar según costume los legumbres del verano”.
Algunhas das máis famosas e coñecidas son a fonte do Alcatruz, a fonte dos Canos, a fonte das Canteiras, etc…; aproveitando as augas de manantiais naturais procedentes da serra e edificando, por parte do Concello, novas fontes con estruturas máis modernas. As fontes máis ancestrais compúñanse de unha pila de pedra labrada, un lavadoiro empregado polas mulleres para levar a roupa e polo gando para beber. O cano vertía auga directamente sobor da pía e podía ser de metal ou de cerámica. A estrutura da fonte pode ser cuberta por tellado de pizarra ou ó aire libre.
Non faltan nas nosas aldeas as fontes, onde tantas veces as nosas avoas tiveron que ir a facer a “colada”, ou simplemente ir a buscar a auga coa ola de barro. Estas, nas que se podía lavala roupa tiñan unha lousa de pedra inclinada sobre o pozo de auga.
Constituía un traballo comunal máis, a realización das fontes rurais, despois de face-la traída de auga, dende a captación nalgún monte próximo do pobo. Estas fontes comunais posúen unha cruz e dous pináculos a cada lado, por norma, coma as casas parroquiais, inda que algunhas de construción recente carecen deste formato.
Nunha gran maioría destas fontes aparecen datas, facendo alusión ó ano de feitura da mesma, facilitando deste xeito a laboura de calquera entendido ou simplemente interesado por saber a historia desta.
Tamén xoga un papel importante aquí a crenza popular; pois non é raro oír a algún veciño, dos mais anciáns, comentar o “avogasa” que é a auga de tal fonte para curar certa doenza.
Derivándose das tradicionais, están as fontes de auga termal, que podemos atopar en algunha que outra zona: Baños de Molgas, As Burgas, Reza…, aparecendo estas, a raíz das expedicións romanas de grandes homes coma Decio Junio Bruto, de camiño a Astorga (Vía Antonino), fundando algúns balnearios nas terras galegas, pois eran grandes propulsores de saúde pública.