Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Información Xuvenil >> Carné Xove


Que é?
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acreditacomo tal e coa que obten descontos e vantaxes das entidades colaboradoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Expedición
É preciso cubrir un impreso, presentar o DNI e pagar 6 €, en calquera dos centros emisores da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades Colaboradoras
As Entidades colaboradoras son persoas, empresas e entidades adheridas de maneira voluntaria ao programa do Carné Xove <30 que acordan conceder descontos ou vantaxes sobre productos ou servizos aos posuidores do Carne Xove < 30.

Beneficiarios
Tódolos mozos e mozas de entre 12 e 30 anos, ambas as dúas idades incluídas.

Validez
O carné xove ten unha vixencia de dous anos contados a partir da data da súa expedición (e sempre sen superar a idade dos 30 anos inclusive). Pódese expedir como modelo clásico ou como modelo combinado Carné Xove Euro <30 xunto coa tarxeta bancaria.

Vantaxes
Permítelles aos seus titulares un acceso privilexiado a diferentes bens e servizos que abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Así mesmo, os posuidores do Carné Xove <30 teñen un seguro gratuíto que cobre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes.

By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001