Oficina de Información Xuveníl

Oficina Municipal de Información Xuveníl
A Oficina Municipal de Información Xuvenil situada na casa do concello está atendida por un informador xuveníl, que desenvolve un plan de dinamización e información dende fai dez anos, cara a xuventude do noso Concello.
Dende a apertura do Servizo de Información Xuvenil o concello de Maceda entrou nun proceso de dinamización do colectivo xuvenil a través de cursos de formación e fomento do emprego, conferencias, traballos de investigacións das nosas tradicións, actividades do coñecemento do noso entorno....
Por todo isto, e a tenor da interese mostrada pola xuventude en anos anteriores, entendemos como fundamental continuar nos vindeiros anos co Servizo de Información Xuvenil, nesta liña.
Este servizo ofrece:
- Expedición do Carné Xove, facendo cada ano unha campaña nos centros escolares.
- Visitas culturais e educativas a exposicións organizadas pola propia oficina e tamén no exterior.
- Apoio ás asociacións xuvenís en canto a traballos administrativos e demais.
- Campamentos de verán; xuvenís e infantís.
- Campos de traballo
- Información ós xoves dos diferentes programas da Consellería, cursos, accesos a internet, coordinación e organización de actividades na biblioteca, unidades didácticas, programación cultural.....
>>> Web Oficial de Información Xuvenil