Presentación
Oficina Municipal de Servizos Sociais
Enténdense os Servizos Sociais de Atención Primaria como aqueles que realizan unha acción social, globalizadora e polivalente, dirixidos ó conxunto da poboación dun ámbito xeográfico determinado que teñen por obxecto promover e posibilita-lo desenvolvemento do benestar social de tódolos cidadáns.
Para o cumprimento dos obxectivos, os Servizos Sociais de Atención Primaria organizarán a súa actividade mediante o deseño, a execución, a avaliación de proxectos de traballo social que desenvolvan os seguintes programas básicos de actuación :
Programa de orientación, asesoramento e información
Actuacións de información, orientación e asesoramento ós individuos, grupos e colectividades, e a comunidade en xeral sobre os dereitos e recursos sociais existentes.
O estudio, avaliación e diagnóstico das demandas recibidas, derivación de casos e coordinación con outros profesionais e servizos.
Programa de axuda no fogar:
Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións desde unha perspectiva integral e normalizadora ós cidadáns no seu domicilio naquelas situacións que teñan limitada a súa autonomía persoal.
Realizaranse os seguintes tipos de prestacións :
- Prestacións domésticas.
- Prestacións de carácter persoal.
- Prestacións familiares.
- Prestacións técnicas.
A axuda no fogar dirixirase prioritariamente a:
- Familia.
- Persoas maiores.
- Minusválidos.
- Infancia.
- Drogodependentes.
Programa de inserción social
Ten por obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos.
Desenvolveranse as seguintes actividades:
- Accións de promoción e participación social.
- Accións dirixidas a facilita-lo acceso, permanencia e utilización dos recursos normalizados.
- Xestiona-las prestacións económicas e sociais establecidas.
Programa de animación, prevención e cooperación social
Ten por obxecto potencia-la participación das persoas e grupos na vida comunitaria fomentando a vida social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.
Entre outras, destacaríamos as seguintes actuacións:
- Apoio ó desenvolvemento integral comunitario.
- Fomento do asociacionismo e participación prestando o oportuno apoio técnico.
- Promoción de grupos de autoaxuda.
- Potenciación das organizacións de voluntariado social.
Programa de Convivencia Alternativa:
Este programa ten por obxecto a oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situacións de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no seu propio fogar.
Desenvolverá as seguintes actuacións:
- Detección e análise da necesidade.
- Xestión e seguimento dos casos.
- Promoción de albergues, casas de acollida e cantos outros equipamentos ou servizos sexan necesarios para facelo efectivo.