Este Concello leva prestando servicios en materia de emprego, promoción económica e desenvolvemento local a través da Consellería de Traballo dende o ano 1998, constituíndo un pilar importante en materia de emprego e actuando como un axente dinamizador dentro do ámbito local deste Concello e da súa contorna.
As principais funcións que se veñen desempeñando son:
- Difusión da información en materia de emprego.
- Asesoramento de proxectos empresariais.
- Tramitación de subvencións.
- Elaboración de estudos estatísticos.
- Outros informes ou estudios (plans de viabilidade empresarial, estudos socioeconómicos....)
