Orixe:

A orixe da Feira de Maceda remóntase ó ano 1401, cando un privilexio real autorizou esta celebración os días 20 de cada mes.
A antiga feira discorría en torno da “Aira das Mantas”, onde os Oleiros de Tioira vendían as olas; ademais vendíanse os produtos en zonas ben diferenciadas; porcos nunha; galiñas, coellos e perdices noutra; roupa usada, (ían recollela a Madrid para vendela aquí), ós vendedores desta roupa chamábanlles os “do piollo verde”.
Acudía xente procedente de varios puntos da provincia nos transportes públicos existentes. O día de feira era o elixido para pasear polo centro do pobo, ademais celebrábase un baile nun local da vila chamado “Baile do Chispún”.
A época de maior esplendor das feiras de Maceda comprende a década dos 45 – 55.
Actualidade:

Hoxe en día a feira celébrase os días 4 e 20 de cada mes salvo que a data do 20 coincida en domingo que pasa a 19 sábado, sendo a actividade principal a venda en postos ambulantes; pulpeiras e exposición para a venda de gando.
As principais rúas onde transcorre a feira son: A Praza das Toldas, Aureliano Ferreiro, Rúa Principal e Campo da Feira; nestas datas, varios locais de Maceda abren as súas portas para ofrecer comidas tanto ós feirantes como os visitantes que se achegan a vila.
As feiras máis concorridas son as de verán, especialmente as do mes de agosto, xa que neste mes triplícase a poboación do noso Concello cós emigrantes que volven de vacacións á súa terra, aínda que durante todo o ano acode xente a mercar e saborear o polbo e da carne o caldeiro.