HORARIO
TARDES DE 16:00h a 22:00 h (LUNS A VENRES)
PARA CONSULTAR DISPONIBILIDADE PARA A UTILIZACIÓN TANTO DA AULA DE INTERNET COMO DALGUNHA AULA OU DO SALÓN DIRIXIRSE AO CONCELLO EN HORARIO DE 9:00H A 14:30 H
O Multiusos do concello de Maceda está situado na parte alta da vila, a máis nova e en continuo crecemento, na zona coñecida como o “Toural”. No Toural, hai catro naves cubertas que eran destinadas ó mercado de gando para as feiras dos días catro e vinte de cada mes. Durante o primeiro Obradoiro de emprego, “A Torre” (2002-2003), unha destas catro naves foi acondicionada pola sección de albañilería, para un espazo multiusos e de aí o seu nome,.
O edificio dispón de tres aulas e un salón de grande capacidade de usos múltiples, a súa estrutura foi pensada tanto para o desenvolvemento de actividades permanentes, como para dispoñer de espazos aos que podan acceder tanto asociacións, grupos... para actividades ou actos puntuais.
ACTIVIDADES PERMANENTES
- AULA DE INTERNET RURAL
Aula con conexión a internet, con 15 ordenadores tanto para o acceso a internet (previa cita), como para a impartición de actividades formativas relacionadas coas novas tecnoloxías
-EXPOSICIÓN SOBRE A VIA NOVA
Exposición realizada polo INORDE no proxecto da Vía Nova como factor turístico da provincia de Ourense
-ESCOLA DE MÚSICA
Durante o curso a Escola Municipal de Música dispón no horario lectivo do uso de dúas aulas
TABOLEIRO DE ANUNCIOS
- Exposición do Outono Fotográfico
- Curso de internet organizado polo Centro Social
MEMORIA DUN TERRITORIO

Baixo o titulo “Memoria dun Territorio (1890-1975)" sae á luz un libro publicado pola asociación do desenvolvemento rural do Pais do Bibei-Ribeira Sacra no que se recollen imaxes do período comprendido entre 1890 e 1975 dos concellos de Baños de Molgas, O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, Larouco, Maceda, Manzaneda, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo separados por apartados que trasládannos a outra época.
Tódalas persoas interesadas en adquirir o libro de fotografía antiga, xa está a venda no punto da Via Nova no salón multiusos - campo da feira en horario de 16:00 a 21:00 horas de luns a venres.
Para máis información poden dirixirse ó departamento de cultura do concello ou no
Tf: 988463001
PREZO: 10 €