Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Turismo >> Magosto

Historia

castaña dentro do erizo verdeO Magosto é unha festa celebrada na época outonal e caracterízase pola caída das follas das árbores e pola escuridade estacional.

Nesta época as familias empézanse a reunir entorno ó lume, que vai ser testemuña da exaltación de valores culturais propios. Aínda que en outros lugares, esta festa celébrase o día de “ Tódolos Santos”, é tradicional, na nosa comarca celebrala no día de San Martiño o día 11 de novembro.

O redor do ano 1947, a celebración no Magosto comeza a ser asidua nun barrio das aforas da capital da provincia; a partires deste ano faise popular en todos os Municipios da Provincia.

Festa en Maceda

xarra, tazas, viño e castañas asadasEn Maceda, o Magosto ten un carácter popular e unha historia arraigada. No día de San Martiño, a xente reúnese en torno á fogueira para celebrar o comezo do Outono. Degústanse diferentes produtos da zona, aínda que a protagonista por excelencia é a castaña asada no lume da fogueira, acompañada por viño novo.

A degustación está amenizada por grupos de música tradicional galega; bandas de gaitas, pandereteiras, cantareiras e os asistentes disfrutan de contacontos ó redor da fogata, e os xogos típicos nestas datas; tiznar a face con cinsa e saltar por riba da fogueira. En definitiva, co Magosto dáse a benvida ó Outono e dignifícanse dunha forma colectiva e popular os produtos típicos da nosa zona.

By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001