Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Turismo >> Festa Medieval

Festa Medieval e Gastronómica do Leitón

Foto da xente na Festa Medieval
DATA: 2ª Fin de Semana de agosto
SITUACIÓN: Esta festa celébrase entorno do Hotel Monumento Castelo de Maceda

A primeira Festa Medieval e Gastronómica do Leitón de Maceda, nace a través das inquedanzas que un grupo de xente da vila ten por promocionar o patrimonio histórico-cultural fóra das nosas fronteiras; e para isto surxiu a idea de levar as diferentes fases que viviu este lugar pintoresco da provincia de Ourense.

Esta festa desenvólvese nos arredores do Castelo, símbolo do pasado medieval da vila.
Celébrase habitualmente no mes de agosto; os habitantes da vila e dos seus arredores retrasan o reloxo catro ou cinco séculos e recordan ós seus antepasados.

Decóranse as rúas con pendóns típicos da época; repártense ramas polo chan e as paredes das casas e colócanse postos realizados en madeira para levar a cabo a venda e degustación de productos típicos locais.
Os traxes da época medieval confeccionados e repartidos entre os habitantes de Maceda para aumentar a participación destes.
Entre as actividades que se levan a cabo o día da festa destacan o baile medieval de damas, teatro, a celebración dun torneo de cabaleiros, competición de xogos infantís, exhibición de cetrería, contacontos e xuglares medievais, concertos de música medieval e a actuación da Banda de Gaitas e Pandereteiras do Concello.

Outras actividades paralelas que se realizan o mesmo día teñen moito que ver coa tradición mineira, cerámica ou coiro que existen na zona; así como coa gandeiría e agricultura; que son actividades principais do municipio; é dicir, lévanse a cabo exposicións de cerámica e alfarería, de peles e curtidos, tallas de pedra, de mimbre, madeira, plateiría, encaixes, tapetes e vestidos típicos.
Nesta festa popular, degústase unha comida na cal o prato estrela é o leitón, acompañado de productos como a empanada, rotí de polo, carne asada e por suposto, o viño.
As actuacións musicais amenizan unha xornada de festa e unión dos habitantes da vila e a sua comarca.

A celebración desta festa engrandece as raíces dun pobo comprometido coa súa historia.

By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001