Situación

A aula de interpretación forestal de Maceda sitúase no límite dos concellos de Maceda e Baños de Molgas, preto do Santuario dos Milagres. Cerca da situación desta aula existen repoboacións de piñeiros do país, especialmente no denominado monte Medo.
O recinto no que se atopa a aula é unha parcela pechada que conta con bancos e mesas de pedra ó aire libre
O obxectivo principal desta aula forestal é a divulgación e conservación da cultura forestal, orientada cara un amplo abono de visitantes (grupo de colexios, e centros de ensino en xeral, veciños da comarca, etc.
Visita e concienciación

Preténdese que os usuarios que acoden, rematen a visita cunha idea máis clara e próxima de cómo a xestión forestal se basea no ciclo vital das árbores para determinar as diferentes prácticas selvícolas que se aplican para optimiza-lo crecemento, a idade de cota comercial ou queda, a ordenar os montes ou o método para dotar un rendemento sostido do bosque.
Ademais disto avógase por fomentar unha conciencia ecolóxica dando a coñecer cómo se aborda a loita contra as pragas e mailos incendios forestais, como se pretende que sexa a evolución dos bosques e cómo se empregan, criterios forestais para establecer uns criterios comerciais que axuden a consegui-lo rendemento sostido; é o que se denomina ecocertificación.
Itinerario previsto

Falando das visitas a esta Aula de Interpretación Forestal compre dicir que se realicen preferentemente ás mañas en grupos reducidos (20 persoas aprox.).
Estas visitas estrutúranse da seguinte maneira: despois dun primeiro recibimento na aula de audiovisuais, pídenselle ós usuarios que completen unha enquisa para pasar á exposición onde se explicarán os contidos dos bloques temáticos.
Lévase a cabo un itinerario polos terreos próximos para poñer en práctica a teoría, empregando unha metodoloxía lúdica para unha mellor compresión.