
(Centro de Información á muller.)
Casa do Concello
Rúa do Toural, 2 (baixo)
32700 Maceda
Telf. 988463554
Fax. 988463163
E-mail: cimmaceda@hotmail.com
Horario: de luns a venres de 9:00h. – 15:00h.
O CIM é un servizo gratuíto para atender demandas das mulleres do Concello de forma personalizada e confidencial.
FUNCIÓNS:
- Información sobre recursos.
- Asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Realización de actividades.
PRINCIPIOS DE ACTUACIÓNS:
Todas as funcións realizaranse conforme os seguintes principios:
- Anonimato e ríspeto á vontade das usuarias.
- Gratuidade.
- Confidencialidade.
ÁREA PSICOLOXÍCA:
Asistencia e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade, depresión, baixa autoestima, etc…,
Apoio e asesoramento en casos de malos tratos, terapia familiar, problemas de parella, etc…,
ACTIVIDADES:
- Información xeral dos recursos da comarca
- Realización de charlas, exposicións, etc… con temas de interese para as mulleres.
- Difusión do principio de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres.
VIOLENCIA A MULLER:
A través do CIM o Concello presta durante todo o ano servizos de atención e asesoramento específicos, dirixidos a mulleres víctimas de violencia:
Información dos recursos existentes a través da xestión cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais, así como demais entidades implicadas na atención e protección das mulleres víctimas de violencia.
ASESORÍA XURÍDICA
O Centro de Información á muller ofrece asesoramento xurídico en:
-
Dereito de Familia: separación, divorcio, pensións alimentarias, custodia de menores...
-
Dereito sucesorio: asesoramento en herdanza e viudez...
-
Dereito penal: denuncias, malos tratos, lesións, inxurias...
-
Ambito laboral: orientación para búsqueda activa de emprego, contratación, condicións de traballo, despidos, discriminación e situacións que supoñan un atentado á dignidade da muller..., traballo autónomo (subvencións obrigas fiscais e Seguridade Social.
-
Tramites administrativos: acollemento familiar, xustiza gratuita, solicitude de prestacións, recursos administrativos...
HORARIO DE ATENCIÓN DA AVOGADA:
Martes e Xoves de 9:00 a 12:00 horas.
¿Quen pode acudir?
Todas aquelas mulleres do Concello que desexen facer unha consulta.