CIM (Centro de Información ás Mulleres)
Concello de Maceda
A Consellería de Traballo e Benestar convoca
AXUDAS A PEMES (pequenas e medianas empresas), en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo.
Empresas beneficiarias con domicilio social en Galicia (ou con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia, sempre que teñan contratado un mínimo do 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, dez persoas).
O prazo remata o 2 de xullo de 2012
Para máis información poden dirixirse ó Centro de Información ás Mulleres (telf. 988463554) ou consultar o DOG nº103 de xoves, 31 de maio de 2012.