Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

Manuel Vidal, Un Presbítero Ilustrado de Maceda

Libro do historiador Santiago Prol editado en agosto 2017 pola editorial Servipost Editores, S.L

Manuel Vidal, Un Presbítero Ilustrado de Maceda

Abrangue esta sólida achega transversalmente a vida e a obra de Manuel Vidal (1871-1941), un presbitero ilustrado cheo de humanidade e orixinario de Maceda (Ourense), que desenvolveu boa parte da súa creación literaria en Compostela, cidade na que exerceu como catedrático de Literatura (dende 1914), e como persoeiro necesario na órbita do rexionalismo culturalista a carón de Armando Cotarelo.

A súa triloxía arredor do mito xacobeo e os seus relatos e pezas teatrais no galego popular das súas orixes, enmarcano como autor en clave nosa.

A súa acesa amizade coa condesa de Pardo Bazán, mesmo con reiteradas estadías nas Torres de Meirás; a súa pertenza ao lobby dos curas galegos asentados no Madrid de comezos do século XX (con Vales Failde e Basilio Álvarez), xunto coa súa paixón pola obra capital de Miguel Cervantes como referente didáctico, fan desde polígrafo-apenas coñecido-, un egrexio a vindicar e recupera para a memoria colectiva.


Tapa blanda, encuadernación rústica 364 páxinas, 24x17 cm, en galego, . ISBN-13: 9788415805298; prezo recomendado: 17 €

Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017


By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001