Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

A IMPORTANCIA DA LIMPEZA DAS FINCAS

BANDO

D. RUBÉN QUINTAS RODRÍGUEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MACEDA (Ourense),

FAGO SABER:

A tódolos veciños e veciñas do Concello de Maceda, que a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia publicou no DOG do martes 17 de abril de 2007, a Lei 3/2007 de "Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia" modificada pola Lei 7/2012 de "Montes de Galicia", (DOG do Luns 23 de xullo de 2012).

A dita Lei establece nos seus artigos 21 e 22 as abrigas das persoas físicas e xurídicas responsables das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos, que deberán cumprir coas obrigas de xestión do combustible vexetal (tala e roza), antes do 30 de Xuño de cada ano, xestionando a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ó solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como ao redor de edificacións, vivendas ailladas e urbanizacións, depósitos de basura, parques e instalacións industriais ubicadas a menos de 400 metros do monte, de maneira que nos 30 metros non poderá haber NIN PIÑEIROS, NIN EUCALIPTOS, NIN ACACIAS, NIN TOXOS, NIN XESTAS, NIN SILVAS .......... de acorde cos criterios de xestión de biomasa establecidos na súa disposición transitoria terceira.

As distancias en caso de edificacións, vivendas ailladas ou urbanizacións medirase dende o paramento das mesmas.

No caso de depósitos de basura, parques ou instalacións industriais, medirase dende o perímetro das instalacións.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Descargas asociadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017


By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001