Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DE MULLERES

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas destinadas a fomentar o
asociacionismo e a participación das mulleres.

Entidades beneficiarias: Asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e con domicilio social en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
b) Contemplar entre os seus fins e obxectivos a promoción da igualdade
entre homes e mulleres e o fomento da participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.
e) As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % da totalidade das persoas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.
Contía máxima das axudas: 3.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de maio de 2017

Máis información: CIM (tlf. 988463554), DOG n° 75 do 19 de abril.

Descargas asociadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017


By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001