Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Novas

TI SI QUE MOLAS FINAL

Organiza: Asociación de Veciños de Chaioso
Colabora: Concello de Maceda

cartel webDATA: VENRES 30 DE XUÑO
HORA: 22:00 Hrs

Inscricións gratuítas

Prazo de inscrición ata o 24 de Xuño

Inscricións chamando os tfs: 663733179, 666382708, 617373240

PREMIOS INFANTIL:100 €,75 €,50 €
PREMIOS ADULTOS: 400 €,200 €,100 €

Descargas asociadas

FESTA DA TAPA

Organiza: Asociación de Veciños de Chaioso
Colabora: Concello de Maceda

Cartel webDATA: SÁBADO 10 DE XUÑO

HORA: AS 20:00 Hrs

LUGAR: CHAIOSO

PREZO: 1,50 € por Bodega

Ó remate dos pinchos continua a festa co Grupo Store.

Descargas asociadas

UNIDADE MÓBIL I.T.V CICLOMOTORES E TURISMOS

BANDO

itvD. RUBÉN QUINTAS RODRÍGUEZ, ALCALDE- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MACEDA (Ourense),

FAGO SABER:

Que, a unidade móbil de inspección técnica de vehículos (I.T.V.), estará instalada na Rúa A Felga (ó lado do Centro de Día) o día, que a continuación se cita, co obxecto de efectuar recoñecementos a todos aqueles CICLOMOTORES e TURISMOS, que están obrigados a someterse a inspeccións periódicas.

CICLOMOTRES:
6 de Xuño de 9:00 a 13:30 e 15:15 a 18:00

TURISMOS:
22 de Xuño de 9:00 a 13:30 e 15:15 a 18:00
23 de Xuño de 9:00 a 13:30

APRENDE A CUIDARTE CON CRUZ VERMELLA

Organiza: Cruz Vermella (Ourense)
Colabora: Concello de Maceda
Patrocina: Obra Social "La Caixa"

Cartel webCuidando ós nos@s maiores no Rural

¿Queres mellorar a túa saúde e a dos que te rodean?

Esperámoste o vindeiro 26 de Maio (venres) ás 11:30 horas no Multiusos de Maceda.

Máis información: 988222484/988463116

Descargas asociadas

PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO

Servizos Sociais do Concello de Maceda

cartel webEstá aberto o prazo para realiza-la solicitude de prazas para pensionistas que desexen participar no PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL DO IMSERSO correspondente ó ano 2017-2018.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 7 de XUÑO de 2017.

Non entanto, o prazo de presentación manterase aberto con posterioridade ao 7 de xuño e até o día 26 de febreiro de 2018, só para cubrir as posibles vacantes que se puidesen producir.

Para máis información e para tramita-la solicitude poden pasar pola Oficina de Servizos Sociais do Concello (Tfno:
988463761).


Descargas asociadas

CAMPAÑA DE DOAZON DE SANGUE

#SUMATEDOASANGUE
En Galicia precisamos 500 doazóns cada día.

cartel webEste vindeiro Xoves 18 de Maio de 2017 estará ubicada unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia na Rúa Joao de Novoa (Xardíns de Rosalía de Castro) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas.

Non esqueza traer a tarxeta de doador, dni ou documento similar.

Tf de información gratuíto: 900100828

Descargas asociadas

PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

CIM (Centro de Información ás Mulleres)

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca unha PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO.

Requisitos das solicitantes:

- Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica.
- Ter cesado a convivencia no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
- Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así o esixa a lexislación vixente, ter permiso de residencia.
- Carecer de recursos económicos ou que estes sexan de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais non superiores a 1,5 veces o IPREM vixente, exc1uída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
- Non ter percibido con anterioridade ningunha axuda polo mesmo concepto.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto con carácter permanente.

Máis información no Centro de Información ás Mulleres (Tlf. 988463554) e no DOG do venres, 24 de marzo de 2017.

Descargas asociadas

AXUDAS E INDEMNIZACIÓNS PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

CIM (Centro de Información ás Mulleres)

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca AXUDAS E INDEMNIZACIÓNS PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DEXÉNERO.

Tipos de axudas

1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro.

2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e ós menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de
violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacelas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro.

Para máis información poden dirixirse ó Centro de Información ás Mulleres (Tlf. 988463554) ou consultar o DOG do venres, 24 de marzo de 2017.

Descargas asociadas

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

Promove: CONSELLERÍA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicou no Diario Oficial de Galicia do día 12 de Marzo de 2017, a seguinte convocatoria:

Bases reguladoras das subvencións para a promoción e consolidación do emprego autónomo, programa dirixido ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver unha actividade empresarial ou profesional en Galicia e a creación do seu propio posto de traballo como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Dentro desta Convocatoria contemplanse dous tipos de axudas:

a) Axudas dirixidas a creación do propio posto de traballo de autónomo na que o prazo de solicitude remata o 30 de Setembro de 2017. A Cuantía da axuda pode variar dende os 2.000 € ata un máximo de 4.000 €, en función do colectivo ó que pertenza o/a solicitante e o domicilio fiscal do centro de traballo.

b) Axudas dirixidas a contratación indefinida por parte de autónomos durante os seus primeiros 3 anos de actividade. As contratacións indefinidas realizadas entre o 1 de Outubro de 2016 e a data de publicación desta orde teñen un prazo de dous meses dende a publicación desta convocatoria para poder realizar a solicitude, para tódolos demais casos o prazo de solicitude remata o 30 de Setembro de 2017. A Cuantía da axuda pode variar dende os 5.000 € ata os 12.000 €, en función do colectivo ó que pertenza a persoa contratada de forma indefinida polo empresario autónomo.

Nota importante: as solicitudes de axuda resolvense por data de presentación ata esgotarse a partida orzamentaria habilitada para tal fin.

Para calquera información ou asesoramento que precisen para a tramitación da devandita axuda, poden dirixirse o departamento de emprego do Concello de Maceda, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00 (tf contacto: 988463001).

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

TARXETA ACREDITATIVA DO GRAO DE DISCAPACIDADE

Subdirección Xeral da Dependencia e Valoración da discapacidade

modelo tarxetaEstá aberto o prazo para poder solicitar a TARXETA ACREDITATIVA DO GRAO DE DISCAPACIDADE.

FINALIDADE DA TARXETA:

A finalidade desta tarxeta é a de facilitar a acreditación da condición de persoa con discapacidade do seu titular e o acceso a determinados servizos que poidan mellorar a súa calidade de vida.
É un documento persoal e intransferible que acredita o recoñecemento do grao de discapacidade recoñecido ao seu titular.

REQUISITOS:
1. Poderán ser titulares da Tarxeta Acreditativa do Grao de Discapacidade as persoas que teñan recoñecido un grao de discapacide igual ou superior ó 33%, cuxo expediente conste da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do sistema de Seguridade Social español.

Todos aqueles interesados/as poden informarse e realiza-la súa solicitude na Oficina de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello (TFNO: 988463761).

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

TES TEMPO LIBRE E QUERES PARTICIPAR?

CRUZ VERMELLA MACEDA

cartel webNECESITAMOS PERSOAS VOLUNTARIAS PARA DIFERENTES ACTIVIDADES

Máis información:

Na Oficina Comarcal de Cruz Vermella de Maceda, Rúa Vicente del Bosque, 14
32700 Maceda

Contacto: 988463116 / 648128319

mail: xemarfer@cruzroja.es

Anímate a participar!
Esperámoste!

Descargas asociadas

HORARIO AUTOBUSES POLOS POBOS DE MACEDA

LOGO AUTOBUSCo obxecto de manter informados os veciños/as de Maceda, especialmente ós que residen nalgún pobo do Concello, publicase nesta nova o horario actual dos autobuses a efectos de consulta.

Descargas asociadas

SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO

Emprego e Desenvolvemento Local

LOGO CONCELLO
NOVA IMPORTANTE:

Tódalas persoas que teñan ADSL nos seus respectivos domicilios con TARIFA PLANA contratada para teléfonos fixos, poderán empregar os seguintes Teléfonos de forma GRATUÍTA:

988750579 CITA PREVIA PARA ASUNTOS DE PRESTACIÓNS.

988750598 INFORMACIÓN XERAL

SERVIZO TELEASISTENCIA DOMICILIARIA

CAMPAÑA TELEASISTENCIA DOMICILIARIA
CRUZ VERMELLA


O servizo de TELEASISTENCIA DOMICILIARIA de Cruz Vermella, da unha resposta inmediata en situacións de emerxencia, 24 horas o día e 365 días o ano.
A Finalidade é promover a autonomía e independencia das personas maiores e outros colectivos en situacións de dependencia.

Para máis información:
Teléfono gratuíto: 900814222
www.cruzvermella.org/teleasistencia


Descargas asociadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017

Formato RSS 2.0
By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001