Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Feiras de Maceda

Etnografía (Feiras) - Concello de Maceda

Feiras de agosto
SITUACIÓN: As feiras trascorren nas rúas, especialmente Praza das Toldas, Aureliano Ferreiro, Rúa do Toural, Rúa Principal e Campo da Feira.

DATAS: 4 e 20 de cada més, na data do 20 se coincide en domingo pasa a 19 sabado.

A orixe da Feira de Maceda remóntase ó ano 1401, cando un privilexio real autorizou esta celebración os días 20 de cada mes.
A antiga feira discurria en torno da “Aira das Mantas”, onde os Oleiros de Tioira vendían as olas; ademáis vendíanse os productos en zonas ben diferenciadas; porcos nunha; galiñas, coellos e perdices noutra; roupa usada, (ían recollela a Madrid para vendela aquí), ós vendedores desta roupa chamábanlles os “do piollo verde”.

Acudía xente procedente de varios puntos da provincia nos transportes públicos existentes. O día de feira era o elixido para pasear polo centro do pobo, ademáis celebrábase un baile nun local da vila chamado “Baile do Chispún”.
A época de maior esplendor das feiras de Maceda comprende a década dos 45 – 55.
Hoxe en día a feira celébrase os días 4 e 20 de cada mes, sendo a actividade principal a venda en postos ambulantes; pulpeiras e exposición para a venda de gando.

As principais rúas onde transcorre a feira son: A Praza das Toldas, Aureliano Ferreiro, Rúa Principal e Campo da Feira; nestas datas, varios locales de Maceda abren as súas portas para ofrecer comidas tanto ós feirantes como os visitantes que se achegan a vila.
As feiras máis concorridas son as de verán, especialmente as do mes de agosto, xa que neste mes triplícase a poboación do noso Concello cós emigrantes que volven de vacacións á súa terra, aínda que durante todo o ano acode xente a mercar e disfrutar do polbo e da carne o caldeiro

By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001