Inversións para Obras (Maceda) As actuacións realizadas engloban todo tipo de obras, que se levaron a cabo en todo o termo municipal, dende o núcleo urbano ata á ampla rede de núcleos rurais. Destacan as obras de mellora das vías de comunicación, renovación de redes de instalacións obsoletas, dotación de novos equipamentos públicos, mellora de rúas e espazos públicos degradados.
XII Encontro Provincial de Voluntariado Maceda 2010Ó Encontro acudiron aproximadamente 150 persoas voluntarias de toda a provincia, e tiveron como anfitrións á Presidenta Provincial de Cruz Vermella en Ourense, Dna. Teresa Rodríguez Babarro e a D. Antonio Fernández Fernández, Presidente Comarcal da Institución en Maceda.
Fotografías antigasColección de fotos antigas que nos trasladan a unha viaxe polo tempo na vida de Maceda e das suas xentes.
AereasColección de fotos aereas, o pobo de Maceda visto desde as alturas.
Proxecto de Ordenación - Paseo FluvialO río Maceda é o protagonista fluvial desta Vila. O río limita ó pobo pola súa parte este, ben de Niñodaguia e segue camiño ata Baños de Molgas.
Conta cunha lonxitude de 2.600 m.; e tén un grande número de muiños, moitos deles restaurados.
Instalacións - Piscinas Municipais de MacedaAs piscinas municipais están ubicadas a beira do Río de Maceda, no paseo fluvial; conta cun parque de herba natural con arbores de distinas clases.
Conta con catro vestidores de home e de muller, dúas piscinas; unha de adultos cunha profundidade máxima de 2.10 e outra adicada ós máis cativos cunha profunidade 50 cm.; unha enfermería, unha zona de práctica deportiva e un bar.
Resulta un lugar idóneo para alexarnos da rutina diaria, un lugar para refrescarnos e para practicar deporte, si así o desexamos
Instalacións - Centro MultiusosO Centro Multiusos está situado no Campo da Feira. Superficie de 488 m2 nunha soa planta. Dispón de 3 aulas cunha superficie de 65 m2 para cursos; baños de home e muller, un despacho, almacén e Salón de actos dunha superficie de 215,86 m2.
Instalacións - Ximnasio MunicipalO ximnasio estará aberto ó público tódolos días de luns a venres en horario de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:30 h. a 22:00 h, co asesoramento dun monitor deportivo.
Conta cunha superficie de 86 m2.
Instalacións - Biblioteca MunicipalA Biblioteca Municipal de Maceda nace no ano 1933, está situada na rúa do Toural, conta cunha superficie útil de 150 m2 distribuida en varias seccións, cada unha delas adicada a diferentes cousas; sala infantil, sala de estudio, sala de lectura, sala de informática, etc….