Saltar navegación
Escudo do Concello de Maceda
Fotografías do Concello de Maceda
Maceda Medieval

Concello >> Presentación

Francisco Xabier Oviedo Rodríguez - Alcalde de Maceda
Benvid@a á páxina web do Concello de Maceda.


Benvidos á visita virtual de Maceda, unha ventá para dar a coñecer a nosa riqueza natural, e o noso entorno que a fan única.

Maceda é unha vila con tradición comercial e artesanal, chegando a ser o centro comarcal de referencia para o comercio e a vida social.

En pleno século XXI bríndasenos o reto aos que temos responsabilidades de goberno e esencialmente a min como alcalde, en converter esta vila e todo o seu conxunto de aldeas nun entorno moderno e adaptado para os anos que nos esperan.

Sempre é obriga dun alcalde falar ben do seu Concello, pero esta vez ademais creo que é certo, temos moitos recursos e os temos que saber administrar para garantir o futuro de Maceda, que dada a súa situación privilexiada pola proximidade con Ourense e todo o seu entorno o converten no lugar ideal para vivir.


Francisco Xabier Oviedo Rodríguez
Alcalde de Maceda
By Abertal
CONCELLO DE MACEDA tlfn: 988 463 001